
A poesía como arte insurxente ve a luz en galego.
22/11/2021
Hoxe chega á

Comezamos!
20/11/2021
Rodolfo e Priscila é un deses proxectos que non agroma dunha soa semente senón de moitas que coinciden nun mesmo lugar e nun mesmo tempo. Nace da paixón compartida polos libros e a literatura, e dun sentir común respecto á vida e ao traballo que ten moito que ver coa alegría, moi pouco coa resistencia e nada coa derrota. Este proxecto construíuse en horas roubadas ao día, antes e despois dos nosos outros traballos e ocupacións, todas elas dedicadas a unha idea que non sabiamos se chegaría a algunha parte. Non sempre foi doad. Tivemos a sorte de que nos acompañasen neste transo as amigas e as persoas que nos confiaron os seus libros, e de aprender do exemplo dos bos editores que fan os nosos libros cando somos autores. Hoxe os nos primeiros títulos están na rúa e agardamos que cheguen ás túas mans e que queiras acompañarnos nesta andaina.
Comezamos!